viernes, 23 de enero de 2009

O salat (oración) no Islam

Explicación do salat:

http://15.cache-hardy.skyrock.net/153/muslimat4ever/pics/1878766915_3.jpg

Salat, o término coránico que imos a utilizaren, procede do verbo "SALLA": "abrasarse, consumirse... en Allah", é dicir, o muslim durante esos instantes intensifica a súa vitalidade, o seu sentido da trascendencia.

O muslim, durante o Salat, non imaxina un interlocutor.

Moi ao contrario o que fai é fundirse coa natureza, recobrarse a sí mismo, estar moi cerca de Allah. É dicir, o ser humano sitúa-se na súa verdadeira natureza: soamente rénde-se ante Quen todo está a renderse, ao Creador y Sustentador.

A radical dirección unitaria que ten o Islam, é o punto de partida de onde debemos comezar a analiza-la cuestión. Allah non é unha segunda persoa á que dirixirse. O que fai o muslim durante o Salat ten fundamentalmente dous sensos:

No primeiro lugar, diluirse na Unicidade absoluta de Allah para ter unha experiencia completamente distinta á da oración;

En segundo lugar, cos seus xestos describe unha total entrega a Allah. Preferentemente faino en colectivo, é dicir, exprésa-la súa vontade de construir unha Comunidade, basada nesta experiencia unitaria que erradica completamente aos ídolos, que os destruye nun proceso que honra ao ser humano e o fai comprender a súa esencia.

O salat, no Islam, aparece como unha disciplina, unha práctica que educa, como fai o Corán, que elimína-la torpeza e a brusquedade do ser humano, é dicir, o fai sutil, cuidadoso, respetuoso.

O Salat ten unha forma estricta e uns momentos precisos. A súa forma e os seus momentos son respetados por tódo-los muslims do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario