sábado, 31 de enero de 2009

A Umma:

http://proculturas.files.wordpress.com/2008/02/islam.jpg
O Islam busca formar unha Umma (comunidade plurinacional). Isto é, unha integración entre tódo-los pobos e culturas do mundo, unha unión en pos do mellor.

O Islam busca desenrrolar ao individuo e para elo necesita un entorno que o estimule, de ahí a necesidade da comunidade.

O Islam non é unha cultura, senón un filtro para as culturas. Busca sacar o mellor de cada unha, hermanou aos pueblos mais dispares do mundo: chineses, árabes, africáns, europeos…

E iso levouse a cabo porque o Islam liberou primeiro os corazóns desos pobos da idolatría de todo pensamento excluínte que encerra ao ser humano tra-los muros de fronteiras, encasillado en linguas e razas, arropado por ideoloxías e pensamentos castrantes.

Quen realmente intúe ao Único desexa trascender e comunicarse, crear pontes e compartir con todo o mundo sen exclusión. O resultado é a Umma, unha realidade non uniformadora senón creativa.

O Corán di:

"Na diferencia dos vosos cores, na diferencia das vosas linguas, en todo elo hai signos para os intelixentes".

O maior enemigo da Umma é a fitna, a división, o autoritarismo (a saída fácil), a incapacidade para entende-la liberdade dos demais.

De ahí a importancia da Shura, as decisións consensuadas, clave para a construcción de algo que reciba dignamente o nome de Islam.

A Umma, unha comunidade de xente que está a seren desbordadas po-lo Recordo de algo que é, precisamente desbordante.

Por iso, o seu reloxo é o tempo da oración, as súas accións están marcadas po-lo ejemplo do Profeta, as súas sinales son luces no rostro de faceren o Dikr e o Salat.

O seu motor é o Amor a Allah.

No hay comentarios:

Publicar un comentario